Xinzo de Limia, no top 3 dos lugares máis fríos da Península

A chaira da Limia, e a súa vila de Xinzo, está sendo estes días un dos lugares máis xélidos da península Ibérica. Habería que subir ata os picos do Mulhacén ou o Aneto para sentir máis frío do que senten estes días os habitantes desta comarca ourensá. Despois de pasar días con temperaturas máis baixas ca Estocolmo, Oslo ou Reykjavik, a estación da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) en Xinzo rexistrou nos últimos tres días mínimas por debaixo dos -10ºC.

Mínimas do sábado 5 de xaneiro, con Xinzo en terceiro lugar. Fonte: Aemet.
Mínimas do sábado 5 de xaneiro, con Xinzo en terceiro lugar. Fonte: Aemet.

Uns valores que a situaron, tanto este día 7 como o 5, véspera de Reis, no podio das estacións máis frías da rede da Aemet. A localidade segoviana de Cuéllar, que chegou aos –12.1ºC este domingo, encabeza a clasificación. O resto de estacións situadas entre as máis xélidas da península sitúanse en zonas da Meseta, nalgúns casos atravesadas por ríos como o Douro e o Ebro (Sardón de Duero, Cubillo de Ebro ou Aranda de Duero, entre outros), polo que se acrecenta, coa influencia dos cursos de auga, o fenómeno da inversión térmica que experimenta estes días a Península. Así, en Portugal, a temperatura máis baixa (-7ºC) rexistrouse en Miranda do Douro.  No caso da chaira da Limia, a humidade do que queda da lagoa da Antela e o aire frío que descende desde os cumios próximos do Invernadoiro e o Macizo Central acrecentan o impacto deste fenómeno.

Publicidade

Porén, no ‘top 10’ destas temperaturas habería que incluír tamén a Calvos de Randín (Ourense) onde a estación da rede de MeteoGalicia rexistrou o día 6 -9,8ºC e este luns, -9,3ºC. Esta vila, nun val preto da serra do Xurés e co encoro de Salas moi preto, as temperaturas baixaron moito máis ca noutros lugares. Segundo MeteoGalicia, Xinzo ‘só’ caeu ata os -8,4ºC na mañanciña do domingo. A explicación é que a estación da rede autonómica ubicada en Xinzo está xunto ao aeródromo de Antela, mentres que a da Aemet sitúase na entrada da vila pola N-525, de aí as pequenas diferenzas térmicas. De feito, segundo MeteoGalicia, tanto Lanzós (Vilalba) con -9,3ºC na mañá do domingo, como Verín, con -9,1ºC, rexistraron máis frío cá vila limiá.

 

1 comentario

  1. Para ser o “máis frio”, ou un dos máis fríos, tería que selo coa temperatura media (aquela que sae de dividir entre 2 a suma das máximas e das mínimas de todo o ano), non simplemente coas mínimas puntuais debidas á xeada provocada pola inversión térmica. (Para selo nestes días, habería que proceder igual cos datos destes días).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o mes de outubro máis seco dende 2007

O último informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi un 79% inferior ao habitual no período

O aire polar provocará un descenso brusco das temperaturas dende o martes en Galicia

O descenso térmico irá acompañado de vento de mar no litoral da Coruña, onde se ditamina a alerta amarela

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica