Cada ano, a organización Green Destinations publica a súa lista mundial de destinos turísticos sostibles. E, de entre 100 lugares de todo o planeta Terra, dous están en Galicia. Mesmo poderíamos disfrutar deles sen saír da ría de Vigo. Porque Baiona e o Parque Nacional das Illas Atlánticas están nesta listaxe, que valora destinos ‘verdes’ que teñan baixo impacto sobre o medio ambiente e a cultura local, e contribúan a xerar recursos e emprego para a poboación local.
As Illas Atlánticas están na lista dun xeito que resulta obvio, mentres que a inclusión de Baiona semella máis sorprendente. Green Destinations estuda destinos turísticos en todo o mundo, e tamén acepta a presentación de candidaturas. Posteriormente, 30 avaliadores traballan en cinco paneis, dirixidos por outros tantos profesionais internacionais destacados en economía, turismo ou medio ambiente. O resultado final é unha listaxe de 100 localizacións en todo o mundo, que se publican cada setembro, coincidindo con Día Internacional do Turismo Verde.
Xunto cos destinos galegos de Baiona e Illas Atlánticas, Green Destinations recoñece tamén outros dous puntos en España: Noja, en Cantabria, e as Terres de l´Ebre, en Tarragona. Asimismo, o veciño Parque Nacional da Peneda-Géres, en Portugal e fronteirizo con Galicia, está tamén incluido na lista. Este é o primeiro verán para esta listaxe, que se renovará no mes de setembro.
Nos 100 mellores destinos do mundo atopamos lugares como as illas Svalbard (Noruega), Sintra (Portugal), el Parque Nacional Makgadikgadi (Botswana), as cataratas do Niágara (EUA) ou o Cabo de Hornos (Chile).