MeteoGalicia activa a alerta por temperaturas superiores aos 36 graos

A área do Miño de Ourense e Pontevedra, Ribeira Sacra e as Rías Baixas serán as máis afectadas pola dorsal subtropical

Unha dorsal subtropical chega a Galicia con temperaturas máximas que superarán os 30 graos en toda a comunidade. Por iso, MeteoGalicia proclama a alerta amarela por calor para o venres 12 e sábado 13 de xuño, cos termómetros situándose por riba dos 36 graos no Miño de Ourense e na Ribeira Sacra. Con todo, o aviso esténdese cara ao litoral de Pontevedra e a zona do Miño da provincia, onde os valores descenderán uns puntos, ata superar os 34 graos.

O sábado reducirase a área afectada, eliminando a zona norte de Pontevedra da ecuación. Segundo o horario facilitado pola axencia meteorolóxica galega, os momentos de máis temperatura concentraranse nas horas puntas da tarde: entre as 15 e as 21 horas.

Publicidade

O motivo desta nova suba de temperaturas é unha combinación de masas de aire cálido. Por unha banda, unha masa subtropical procedente do norte de África e, por outra, o quecemento do aire sobre a península. O venres será o día máis caluroso, pero cara ao domingo, permanecerá un escenario de inestabilidade atmosférica con maior probabilidade de tormentas, aínda que as temperaturas seguirán sendo elevadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o martes

A Xunta acende o nivel amarelo por altas temperaturas no noroeste, interior e suroeste da Coruña, así como na montaña de Ourense e nas Rías Baixas

Viaxar no tempo

As últimas escavacións en Santa Clara sacan á luz un tesouro arqueolóxico. Por Laura Filloy